Programas internacionais noticias
O Parlamento Europeo aprobou o programa Erasmus + para o período 2014-2020, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2014.
O novo programa Erasmus + enmarcase na estratexia Europa 2020, na estratexia Educación e Formación 2020 e na estratexia Rethinking Education e engloba todas as iniciativas de educación, formación, xuventude e deporte.
En materia educativa abarca todos os niveis: escolar, formación profesional, ensinanza superior e formación de persoas adultas.
Erasmus + integrará os programas existentes no Programa de Aprendizaxe Permanente e tamén os programas de educación superior internacional: Mundus, Tempus, ALFA, Edulink e programas bilaterais, ademais do Programa Xuventude en Acción.
Este novo programa centrase no aprendizaxe formal e informal más alá das fronteiras da UE, cunha clara vocación de internacionalización abréndose a terceiros países co obxectivo de mellorar as capacidades educativas e formativas das persoas para a empleabilidade de estudantes, profesorado e traballadores e traballadoras.