UK Bookmakers

FCT

Departamento de relación con empresas.

1. O departamento de relación con empresas estará composto polos titores ou as titoras
de formación en centros de traballo do centro integrado.

2. Son competencias deste departamento:

a) Establecer as relacións para a concreción dos convenios ou acordos de colaboración coas
empresas do ámbito socioprodutivo para a realización das actividades do centro integrado.

b) Establecer os convenios ou acordos con empresas, entidades ou institucións para a
realización do módulo de formación en centros de traballo, informando os titores e as titoras
de formación en centros de traballo e colaborando con eles.

c) Establecer os acordos con empresas para a transferencia de innovación tecnolóxica,
en colaboración co coordinador de innovación e formación do profesorado.

d) Detectar as necesidades de actualización de equipamentos do centro, a través do
coñecemento da realidade empresarial do contorno.

e) Supervisar e dirixir os programas de formación en centros de traballo.

f) Asesorar as persoas responsables das titorías de formación en centros de traballo en
todos os puntos necesarios para unha correcta realización deste módulo de prácticas nas
empresas.

g) Controlar, supervisar e valorar as actividades levadas a cabo polas persoas responsables
da titoría de formación en centros de traballo dos ciclos formativos e programas de
cualificación profesional.

h) Potenciar mediante a relación con empresas a inserción laboral do alumnado do
centro.

i) Difundir e promover o coñecemento das cualificacións adquiridas a través da formación
impartida no centro integrado entre o sector empresarial correspondente, favorecendo
a mellora da calidade e da competividade do centro.

j) Realizar o seguimento da formación en centros de traballo.

k) Elaborar a programación do departamento e a memoria que avalíe todas as actuacións,
coas correspondentes propostas de mellora de cara ao futuro.

l) Aqueloutras funcións que a Administración educativa ou a dirección do centro lle poidan
asignar.

The Best betting exchange http://f.artbetting.netby ArtBetting.Net

Últimas noticias

Contacto

Avda. de Madrid, 75
27002 Lugo

Contacto

All CMS Templates - Click Here