Centro de Excelencia na Formación profesional

by | Dec 4, 2022 | Novas do centro

Declarados ” Centro de Excelencia na Formación profesional.”
Nesta nova de rede de excelencia na Formación Profesional formaremos parte deste ecosistema cos demais centros actuando como creadores de contornos de innovación, sustentabilidade e emprendemento no ámbito da Formación Profesional, tres eixos transversais fundamentais do novo modelo de FP.
Esta nova rede de excelencia, terá como fin a colaboración na detección das necesidades dos perfís profesionais dos sectores produtivos, así como nas revisións curriculares das ofertas formativas relacionadas. Manterán unha estreita colaboración coas empresas da súa contorna, asociacións empresariais e sindicais, centros de formación e entidades do terceiro sector para converterse en motores da innovación en todo o territorio e impulsar a internacionalización.


 

Arquivo