O Centro

Historia

Foi no século XVII, cando a parcela na que se asenta o CIFP As Mercedes comezou a ser obxecto de distintos proxectos que finalmente non se levaron a cabo, sendo no 1878 cando se constrúe o Asilo das Mercedes por parte do arquitecto municipal don Nemesio Cabreros. Pola contra ao edificio comezaráselle a dar uso en 1889 en forma de Escola Preparatoria do Exército por parte do corpo de cabalería.

Será a partir de 1969 cando empezou a funcionar como escola, crea da pola Organización Sindical (sindicato vertical) dentro do órgano “Obra sindical de Formación Profesional”.

Neste primeiro curso, o alumno era avaliado por profesorado de fora da escola ao non estar recoñecida esta por Educación.

Nestes primeiros anos impartíanse nela ensinanzas de Oficialía e Mestría Industrial das ramas de Automoción e Metal e estudos de Frío industrial enfocado á ser Centro de Formación.

Profesional Nacional del Frío e dirixido principalmente á formación de especialistas para a industria cárnica de FRIGSA en Lugo.

Despois da transición democrática a escola é transferida ao Ministerio de Traballo como Instituto de Formación Profesional, impartíndose, ademáis das citadas anteriormente, ensinanzas de Administrativo (especialidades de Comercio e Contabilidade) e Secretariado.

Na década dos 80 o centro e traspasado ao Ministerio de Educación e Ciencia, ata que á Xunta de Galicia lle son transferidas as competencias no eido educativo do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Na década dos 90 alberga temporalmente tamén ao alumnado da Escola Oficial de Idiomas, e a finais da mesma implántanse a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelatos e os novos Ciclos Formativos que substitúen á FP anterior.

No ano 2013, a Consellería de Educación decide a conversión do centro en Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) formando parte da rede de Centros Integrados de Formación Profesional do Sistema Educativo de Galicia no que se desenvolven acción formativas de formación profesional inicial ou regrada, e formación para o emprego.

Misión

Cada curso que comeza temos sempre o obxectivo de ser un centro de referencia e optimizar os recursos da mellor maneira posible para ofrecer cada ano máis e mellores servizos, incrementándose progresivamente o número de alumnos e alumnas e a oferta educativa.

No CIFP As Mercedes, grazas ao equipo directivo, ó profesorado do centro e o persoal non docente, conseguimos con moito traballo en equipo e moita ilusión chegar ata onde estamos. O noso centro educativo cumpriu recentemente 50 anos e non podemos máis que pedir que entre todos e todas continuemos deixando pegada. A educación é unha ferramenta fundamental na sociedade actual para o crecemento sostible a longo prazo, o noso reto e a nosa responsabilidade.

Galería de imaxes

Colaboracións

Temos o pracer de contar coa colaboración de: