Web Profand

A empresa Profand Vilagarcia esta en proceso de búsqueda dun frigorista para incorporar ao seu equipo. A persoa que ocupe o posto encargarase, xunto co equipo, de levar a cabo a montaxe e mantemento de instalacións térmicas e fluidos relacionados co frío industrial e a climatización da planta de Profand Vilagarcía.

Responsabilidades principais:

  • Posta en marcha e seguimento do funcionamento das instalacións de frío (NH3 e gases fluorados).
  • Mantemento e reparación de equipos, instalacións e elementos auxiliares de refrixeración.
  • Mantemento dos sistemas de refrixeración de auga da planta.
  • Posta en marcha/mantemento de xeradores e silos de xeo.
  • Asistencia a empresas externas nas reparacións programadas e controis das instalacións frigoríficas.
  • Asistencia a empresas externas nas ampliacións e transformacións das instalacións existentes.
  • Control da limpeza e desinfección da auga dos condensadores.

Requisitos:

  • Título de Técnico Superior en Mantenimiento de Instalacións Térmicas e de Fluidos ou similar.
  • Experiencia previa en funcións similares. Valorarase favorablemente experiencia en plantas de alimentación.
  • Coñecementos de Microsoft Office a nivel usuario.
  • Coñecementos en Regulamento de seguridade para instalacións frigoríficas (RSIF) e no Regulamento de instalacións térmicas en edificios (RITE).
  • Valorables coñecementos de Prisma GMAO.
  • Capacidade para diagnosticar e resolver fallos en instalacións de frío industrial.

Os interesados/as  deben enviar o curriculum vitae.

Para solicitar este traballo por favor visita profand-vilagarcia.com.