ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

by | Abr 25, 2025 | Novas do centro

Publicada a Resolución do 31 de marzo de 2025 da Dirección Xeral de Formación Profesional, na que se establecen as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, así como as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial e as ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024-2025.

Está aberto o prazo para solicitar a participación do alumnado na proba de nivel intermedio ou na proba parcial da área de dominio 4 do nivel intermedio ata o 28 de abril.

Máis información:

Resolución do 31 de marzo de 2025
Realización dunha proba de exemplo
Recurso educativo aberto sobre os contidos da área de dominio 4
Marco Galego de Competencias Dixitais (MGCD)

Arquivo