Seleccionar página

Investigando novas proxeccións profesionais

por | 18 mayo 2021 | Novas do centro

INVESTIGANDO NOVAS PROXECCIÓNS PROFESIONAIS

O vindeiro venres 21 de maio  de 9:30 a 11:00 (aproximadamente) desenvolverase unha sesión de orientación profesional retransmitida pola conta de YouTube do CIFP As Mercedes que consta a continuación.

https://www.youtube.com/watch?v=toz5tz8n1CA

A sesión constará de 2 ponencias centradas en:

  1. Conexión con Nuria Babío da Fundación Universidade de A Coruña (FUAC), na que se prestará información sobre os convenios de prácticas remuneradas con empresas, destinados a alumnado de FP con Título de Técnico ou Técnico Superior .
  2. Presentación de Lucas Aldaniz (ProdeSky), en relación a:
    • Evento «ProtoSky Engineering Day», enfocado ao curso 21/22. Na presentación contaremos coa presencia de 3 membros do equipo que participará na competición da Axencia Espacial Europea no 2022, relatarán a experiencia e proxección profesional.
      • Lucas Alaniz P. Dirección de Proxecto
      • Bruno Arias R. Desarrollo de Prototipo
      • Natalia Otero C. Telemetría
      • Antía Seco L. Logística
    • ProtoSky LAB e a importancia da FP en I+D+I actual, reciclaxe constante e certificacións profesionais precisas para definir un perfil técnico completo.

Comentarios recentes

No hay comentarios que mostrar.

Categorías

Arquivo