Proxecta +

by | Xan 19, 2026 | Uncategorized

Virtual Time Travelers: Discovering our Heritage

Este curso o alumnado dos ciclos formativos de grao medio en Actividades Comerciais e de grao superior en Mecatrónica Industrial participou activamente no proxecto europeo “Virtual Time Travelers: Discovering our Heritage”, dentro do marco do programa eTwinning. Este proxecto internacional permitiu que o alumnado de Galicia e Turquía traballase de maneira colaborativa, empregando o inglés como lingua de comunicación, para coordinar tarefas e compartir ideas cos seus compañeiros e de outros centros educativos.

O obxectivo principal foi explorar o rico patrimonio cultural da contorna de cada participante, seleccionando elementos clave do patrimonio local para crear un espazo inmersivo en realidade virtual. A través do uso de tecnoloxía innovadora, o alumnado desenvolveu un espazo interactivo que ofrece unha nova forma de explorar e vivir o patrimonio cultural.

A participación no proxecto permitiu ao alumnado mellorar as súas habilidades dixitais, adquirir novas destrezas en comunicación en lingua estranxeira e afianzar o traballo en equipo, ao tempo que afondaron na súa capacidade para resolver problemas de forma creativa e colaborativa. Tamén, a través desta experiencia, o centro incrementou a súa visibilidade internacional e a súa participación iniciativas colaborativas.

Este proxecto foi unha excelente oportunidade para explorar novas metodoloxías de aprendizaxe activa e, ao mesmo tempo, fortalecer a conexión do alumnado cos avances tecnolóxicos, a cultura e o patrimonio global.

Alumnado participando no proxecto Virtual Time Travelers

Arquivo