Seleccionar página

Programa das xornadas de orientación académica e profesional

por | 11 febrero 2021 | Novas do centro

O CIFP As Mercedes presenta o programa das Xornadas de Orientación Académica e Profesional para este curso 20/21 que se celebrarán os días 23, 24, 25 e 26 de febreiro.

As xornadas teñen por obxecto apoiar a toma de decisión do noso alumnado de cara á súa continuidade académica e/ou transición á vida activa. Para conseguilo contaremos con información universitaria, experiencias profesionais de ex-alumnos/as, experiencias de viveiristas , saídas profesionais en organismos de seguridade e defensa do Estado, así como clases prácticas enfocadas á motivación e ética empresarial.

Neste singular e complexo ano pandémico, e procurando cumprir rigorosamente as medidas sanitarias de seguridade, retransmitiremos en directo as ponencias a través dun link (que facilitaremos proximamente na nosa web) aberto a toda a comunidade para que toda aquela persoa interesada poda acceder á información experiencias e habilidades que conforman o conxunto das ponencias recollidas no programa.

 

PROGRAMA XORNADAS DE ORIENTACIÓN 2021

Comentarios recentes

No hay comentarios que mostrar.

Categorías

Arquivo