• Touro

Queizuar S.L. busca incorporar un Técnico de Mantemento Industrial para a súa planta
industrial situada en Touro dentro do “PROGRAMA INVESTIGO 2024” co fin de
completar a dixitalización e automatización dos seus procesos.
• Ofrécese
o Un contrato a xornada completa cunha duración mínima dun ano e con
posibilidade de incorporación no cadro de persoal da empresa, en función
dos obxectivos acadados.
o Inicio do contrato: antes do 15 de maio de 2024.
o Traballo a turnos con 40 horas semanais.
Estudos mínimos:
Ciclo Superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados, Ciclo Superior en
Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos, Ciclo Superior en Mecatrónica
Industrial, Ciclo Superior en Automatización e Robótica Industrial ou similares.
• Requisitos obrigatorios
o Non haber cumprido os 30 anos.
o Non haber sido contratado nas convocatorias 2022 ou 2023 co ”PROGRAMA
INVESTIGO”.
o Estar desempregado e inscrito como demandante de emprego no momento
de formalizar o contrato.
• Valorarase
o Experiencia demostrable en mantemento industrial, preferiblemente nunha
planta de produción.
o Coñecementos en instalacións eléctricas, fontanería, frío industrial e/ou
automatización industrial.
o Carné de conducir
Se estás interesado…
Envíanos un e-mail co teu CV en formato PDF á xerencia@qbama.es antes do 8 de
maio de 2024, indicando “Programa Investigo 24” no asunto do correo

Para solicitar este traballo envía os teus datos por correo electrónico a xerencia@qbama.es