Plan Dixital

Durante o curso 2021-22, o noso centro foi seleccionado para formar parte da Rede Galega de Educación Dixital. Nese mesmo período, redactouse a primeira versión do Plan Dixital do CIFP As Mercedes, dispoñible para consulta nesta ligazón.

O Plan Dixital é un documento a través do cal cada centro analiza a súa realidade en relación co uso das tecnoloxías dixitais e, a partir desa análise inicial, define un plan de actuación que inclúe os obxectivos a acadar e as accións específicas para a súa implementación.

Desde entón, cada curso elabórase unha nova versión do Plan Dixital, co obxectivo de mellorar continuamente o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe. Para iso, ponse o foco tanto na formación individual e colectiva do profesorado como na transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

A versión actual do Plan, vixente neste curso académico, así como as correspondentes a cursos anteriores, poden consultarse na páxina web de Educalidade.